-Agarda, por Deus, a onde irás? – dixo alterado, intentando recuperar o alento.
Esa era unha boa pregunta. A onde vou? Dende que non teño onde ir, non
teño onde chegar e onde quedarme. Fai xa seis anos que os meus pais
morreron nun accidente de coche, e, dente entón, non volvín facer
vida, non volvín saber da miña irmá maior, non saín da casa e non me
relacionei con ninguén, excepto con Manu. Por así dicilo, el foi a miña
vida máis de medio lustro, foi o único que me mantivo con vida.
-Non o sei, Manu, só quero liscar de aquí. – as miñas palabras deberon
doerlle, moito, xa que se lle esvarou unha bágoa. Era a primeira vez
que o vía chorar. Por unha parte era reconfortante, que se abrira de
todo comigo, por fin; mais por outra rompeume en mil anacos.
-Non marches, por favor cho pido. –as súas bágoas ían a máis, malia
que aínda eran ben poucas. Coas súas mans, colleume a miña esquerda, a
mesma que tiña tantas feridas. –Despois de todo isto –dixo mirando a
miña man-, cres que vale a pena renderse? –preguntoume coa alma fóra
–Non ves que xa estamos case ao final do camiño? Non fagas isto, por
favor. Quédate. – as súas bágoas cesaron, mais eu nunca oíra unhas
palabras tan sinceras como as súas. Para el todo isto estaba a ser moi
duro, pero non só para el.
Non podía quedarme alí. Estaba desfeita. O único que me quedaba era o
meu outro latir… Onte foi o seu aniversario, e non quixo falarme, non
quería saber nada de min, só lle recordaba a eles, a aquel día… Sen
ela, eu non podía, xa non. Non podía máis.
-E ti non ves que xa nada me ata a este sitio? Que non son capaz de
reter a ninguén ao meu carón? Que todos os que se me arriman acaban
mal? Ou odiándome! Xa viches onte, que nin sequera miña irmá quería
saber de min… Todo isto me supera, Manuel, non podo seguir aquí. Nin
aquí nin en ningures. Eu xa remat –nese instante, colleume a man, de
novo, facendo que me quedase en branco, e apretouma tanto que me saíu
un pequeno berro de dor, ao cal non fixo nin caso, e non afrouxou.
-Non te queda nada, dis ti? Elo… Quen estivo ao teu carón día tras
día, tódalas noites? Quen che axudou a saír adiante, a duras penas
pero a saír, ao fin e ao cabo. Dime, non vale a pena quedar por el?
Non vale a pena quedar por min? Nin sequera intentalo? Tes que
quedarte, Liz, por favor… -Liz… facía moito que ninguén me chamaba
polo meu nome, sempre utilizaban o meu apelido, Catriel, posposto a un
señorita. Sabía como tocarme a vea sensible.
De súpeto, unha forte corrente de aire case me tira. Non me dera conta
de onde estabamos. Con todo isto, chegaramos á ponte de Sta. Uxía. Por
sorte, Manuel tíñame collida da man, e non caín.
-Non ves? –dixo intentando esbozar un sorriso –Comigo nunca caes, nin
caerás, e moito menos recaerás –agora era eu quen non podía aguantar as
ganas de chorar, pero, por millonésima vez, chorei por dentro, só para
min –Non marches, preciosa. Podemos amañalo todo. Queda aquí, comigo.
Como era posíbel que con esas tres últimas palabras, como con aquela
última frase me fixera sentir tan desfeita. Nunca antes me dera
conta… Era certo, con el nunca caía, nunca me deixaba (nin me
deixaría). Todo foi superior a min, á miña situación, e esas palabras…
Esvaróuseme unha bágoa. Dúas. Non quería que se decatase, así que
baixei a cabeza e dinme media volta; e, cando pensaba que non podía ir
peor, fíxoo. Rodeoume cos seus brazos, abrazoume, moi forte. Nese
intre recordo que me sentín segura, como nunca antes o fixera na miña
vida. Non puiden máis. Rebentei. Comecei a chorar todo o que non
chorara nestes seis anos, e abraceime a el como abraza unha nai a
primeira vez que ve un fillo, como o fai unha rapaza cando ve ao seu mozo
despois de moito tempo; e aferreime a el, como un se aferra á vida,
sen querer a morte. Sentinme completa. Non sei canto tempo estivemos
así, abrazados, pero, despois do que a min me pareceron dos minutos,
separeime de el.
-Quérote, Liz. Non te marches –díxome da forma máis doce e triste, sen
apartar a súa vista dos meus ollos. Tiña uns ollos verdes preciosos
que transmitían calma e serenidade.
-Eu tamén te quero, pero non podo, de verdade. A miña vida non é
consistente, en calquera momento pódese vir abaixo, e non quixera que
o fixeras ti comigo –non sabía se estaba a facer o correcto, pero nese
momento só tiña ganas de chorar, abrazarme a el e non marchar nunca do
seu carón.
-Por favor, non digas iso, eu vou estar contigo sempre, non vou deixar
que te fundas, de verdade… -se dicía unha palabra máis ía chorar de
novo, e non, non podía velo así, outra vez non.
Pouco a pouco funme poñendo ao seu carón, ata que quedei a centímetros
de el. Notaba como a súa respiración estaba algo axitada, e como
estaba intentando conter as bágoas. Ollei cara abaixo, e, cando volvín
mirar cara el, unha xa se estaba deslizando, lentamente, pola súa
meixela. Sequeilla ca man, e mireille aos ollos. Sen controlarme,
acerquei os meu beizos aos seus. Non me cría o que estaba a facer.
Biqueino como non o fixera antes con ningún outro rapaz. Agarroume da
cintura.
-Non te penso deixar marchar, queiras ou non –nunca dixera nada tan seguro.
-Todos ao meu redor acaban mal, e quérote demasiado como para facerte
ningún mal, síntoo. –nunca dixera nada tan segura.
Sen deixalo dicir palabra, aparteime del, corrín como nunca
antes, e caín á auga, conxelada. Nunca antes unha ponte tivo tan
negativa connotación.
Final alternativo

-Nunca me deixes, por favor cho pido. –nunca dixera nada tan segura.
Sen darme conta, acabei de proclamarme reina, reina do seu mundo…
Nunca antes unha ponte tivera tan positivas connotacións.

No hay comentarios:
Publicar un comentario